Obradoiro de maxia

O próximo 8 de setembro levarase a cabo no centro social de Coirós un obradoiro de maxia para nenos e nenas a partir de 6 anos. A cita será ás 11h. e será preciso anotarse na biblioteca ata cubrir o aforo.

A actividade está incluída dentro do programa “ler conta moito”da rede de bibliotecas da Xunta de Galicia.