Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CARAMUXO TEATRO: AS FABAS MÁXICAS

2 Decembro, 2023 |6:00 p.m. - 7:00 p.m.

De balde

Caramuxo Teatro  presenta unha nova versión do clásico popular .Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques. Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.

O espectáculo terá lugar o próximo sábado 2 de decembro ás 18h no centro social de Coirós.

Entrada de balde e acceso libre.

Subvencionado pola Rede Cultural

 

Detalles

Data:
2 Decembro, 2023
Hora:
6:00 p.m. - 7:00 p.m.
Custe:
De balde

Protagonista

CARAMUXO TEATRO

Recinto

CENTRO SOCIAL DE COIRÓS
COIRÓS DE ARRIBA, 55A
COIRÓS, A CORUÑA 15316 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981796088