O Concello de Coirós conta entre os seus servizos cunha Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) propia, integrada na Rede galega de Información xuveni, da Dirección Xeral de Xuventudel. Esta rede e as oficinas que a conforman, así como os programas e iniciativas promovidas tanto por organismos privados como públicos en materia de xuventude, están reguladas en virtude do Decreto 50/2000 do 20 de xaneiro (publicado no DOG nº 49 do 10 de marzo). A colaboración entre a Omix e as asociacións xuvenís e culturais é moi estreita, realizando ó longo do ano varias accións conxuntas para chegar á poboación dun xeito máis directo.
Escolas Deportivas e Culturais
Actividades de Verán para a mocidade
Actividades para mozos e mozas de 12 a 18 anos (Coirós en Acción)
Durante o mes de xullo, ofértase o programa de verán para mozos e mozas que queren ocupar o seu tempo libre de maneira responsable e a través dun espazo de diversión e aprendizaxe a través dun grupo de iguais. O programa inclúe unha serie de actividades flexibles que atenden ós centros de interese dos participantes, destacando sendeirismo, supervivenciae vivac, primeiros auxilios, orientación, cócteles con frutas naturais, cociña do mundo, fotografía, obradoiro de DJ, entre outras. O progama está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Campo voluntariado “Monte da Espenuca” mozos e mozas de 18 a 30 Dende o verán de 2016, o Concello de Coirós oferta o campo dentro do programa de Campos de Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O campo nos primeiros anos foi de ámbito internacional, pero na actualidade pasou a ser nacional.
Con esta iniciativa, un grupo de mozos e mozascolaboran co Concello co asesoramento da Fundación Fragas do Mandeo na labor de recuperación do bosque autóctono e a eliminación de especies exóticas invasoras no lugar de Chelo, así como a limpeza do lixo en diferentes rutas.
Servizo de Asociacionismo
A OMIX ofrece un servizo de orientación de cara ó asociacionismo municipal. A orientación pasa polos trámites xerais para constituirse e ata o asesoramento na solicitude de axudas municipais, provinciais e autonómicas. As asociacións poden solicitar apoio na súa xestión así como en tódalas necesidades que poidan plantexarse.
Atención ao Público
Tfno: 981 796 088
E-mail: omix@coiros.es
Whatsapp: 628 801 576
De luns a venres das 9:00 ás 14:00 horas.
Edificio de Usos Múltiples do Concello de Coirós, 1ª planta. Coirós de Arriba, 55-A. 15316 Coirós (A Coruña)
ACTIVIDADES CURSO 2022-2023
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA ADULT@S
PISO PÉLVICO (novidade)
Horario: días e horas sen concretar
CIRCUIT TRAINING (novidade)
Horario: Luns e mércores de 19 a 20h
BADMINTON (novidade)
Horario: Luns de 20 a 21h
XADREZ (novidade)
Horario: Xoves de 16.30 a 18h
PILATES
Horario: Lunes e mércores de 16.30 a 17.15
ADESTRAMENTO PARA O ADULTO MAIOR
Horario: Martes e xoves de 11 a 12 horas
BAILOTERAPIA (expresión corporal)
Horario: Martes e xoves de 19.15 a 20.15 horas
BAILES DE SALÓN
Horario: Sábado de 18:30 a 20:00 horas
IOGA
Horario: Venres de 20:30 a 21:30 horas
ZUMBA
Horario: Martes e xoves de 20:30 a 21:15 horas
TAEKWONDO
Horario: Martes de 20:30 a 21:30 horas
PATINAXE
Horario: Venres de 20 a 21 horas
ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA NEN@S
DEPORTES DE RAQUETA (novidade)
Horario: Luns de 18 a 19h
XADREZ (novidade)
Horario: Xoves de 16.30 a 18h
ACONDICIONAMENTO FÍSICO PARA ADOLESCENTES (novidade)
Horario: Luns e mércores de 17 a 18h
BAILE MODERNO
Horario: Mércores de 17.15 a 18 horas
PATINAXE
Horario: Venres de 17 a 20.30 horas (3 grupos)
DEPORTES COLECTIVOS (fútbol, balonmán, volleyball e baloncesto)
Horario: Mércores de 18 a 19h
ACTIVIDADES CULTURAIS PARA ADULT@S
INGLÉS
Horario: luns de 20:30 a 21:15 horas. Lugar: Centro Social
INFORMÁTICA
Horario: Mércores 20.30 a 21.30h
PERCUSIÓN
Horario: Xoves de 20:30 a 21:30 horas. Lugar: Centro Social de Queirís. Actividade incluída dentro da escola de baile e música tradicional de Coirós.
GAITA
Horario: Iniciación: xoves e venres de 18:30 a 20 horas. Actividade incluída dentro da escola de baile e música tradicional de Coirós.
BAILE GALEGO
Horario: Venres de 20:00 a 21:00 horas. Lugar: Centro Social de Queirís. Actividade incluída dentro da escola de baile e música tradicional de Coirós.
PANDEIRETA
Horario: Iniciación os xoves de 17 a 18h e avanzado os xoves de 18 a 19h
INFORMÁTICA
Horario: Sen concretar. Lugar: Aula de Informática.
BOLILLOS
Horario: Mércores de 16 a 18 horas. Lugar: Edificio do Concello.
BORDADO
Horario: Xoves de 16 a 18 horas. Lugar: Centro Social.
PINTURA E MANUALIDADES
Horario: Mércores de 10:30 a 12:30 horas. Lugar: Edificio do Concello.
TA“PICERÍA E RESTAURACIÓN
Horario: Martes de 16.30 a 18 horas. Lugar: Centro Social de Santiago de Ois
CORO
Horario: Luns de 17:30 a 19 horas. Lugar: Centro Social.
MEMORIA
Horario: Martes de 16 a 18 horas. Lugar: Centro Social.
TEATRO (novidade)
Horario: por concretar
TERTULIAS LITERARIAS (novidade)
Horario: Luns de 19 a 20h
ACTIVIDADES CULTURAIS PARA NEN@S
PANDEIRETA
Horario: Martes: Pícar@s de 18.15 a 19.15h; Repolud@s de 20.15 a 21.15h. Xoves: Silandeir@s de 19.15 a 20.15h.
Lugar: Centro Social de Coirós.
BAILE GALEGO
Horario: Martes: Repolud@s de 19.15 a 21.15h
Xoves: Silandeir@s de 20.15 a 21.15h
GAITA
Horario (iniciaci´ón): sábados de 17.30 a 18h
PERCUSIÓN
Horario: xoves de 20.30 a 21.30h
PINTURA
Horario: Mércores de 17.30 a 18.45h e de 18:45 a 20h (Dous grupos). Lugar: Centro Social. Nenos/as a partir de 4 anos (2 grupos en función da idade).
GUITARRA
Horario: Xoves de 18.00 a 19.00 horas Lugar: Centro Social de Coirós. Nenos/as a partir de 6 anos
ROBÓTICA
Horario: Sábados de 10.30 a 13h (2 grupos). Nen@s a partir de 6 anos
INFORMÁTICA
Horario: Mércores de 18 a 20.30h (2 grupos). Nen@s a partir de 6 anos
TEATRO
Horario: xoves de 19:00 a 20:30 horas. Lugar: Centro Social. Nenos/as a partir de 5 años
INGLÉS PARA NEN@S EN OIS
Horario: Xoves de 16:00 a 17:15 horas e de 17:15 a 18:30 horas. Lugar: Sociedade “Fillos de Ois”. Actividade para nenos/as de 4 a 12 anos (dous grupos en función da idade).
INGLÉS PARA NEN@S NO CONCELLO
Horario: Martes de 18:15 a 19:15 horas e de 19:15 a 20:15 horas (dous grupos) e xoves de 18:45 a 20:00 horas. Lugar: Centro Social. Actividade para nenos/as de 4 a 12 anos.
Información e inscricións: información no edificio de usos múltiples ou no teléfono 981 796 088 e inscricións na sede electrónica ou no rexistro do Concello do 12 ó 23 de setembro. Prezo: pagos trimestrais excepto o último periodo que será bimensual. Empadroados: 18€/trimestre. Non empadroados: 36€/trimestre
Expedición do carné xove
Expedición do carné xove, que poden solicitar todos os mozos e mozas de 12 a 30 anos. Con el podese acceder a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes no tren, cines, comercios, autoescolas, aloxamentos, programas da Dirección Xeral de Xuventude, etc. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que se pode utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
Programa de voluntariado xuvenil
Dirixido a mozos e mozas maiores de 16 anos poden colaborar co departamento nesto programa. O requisito, ademáis da idade, é colaborar en algún programa municipal alomenos durante 15 días cunha xornada mínima de 6 horas diarias, pola que percibirán a cantidade de 6€ en concepto de colaboración para a axuda nos desprazamentos. Este programa está avalado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.