Apetéceche facer turismo?
En Coirós dispoñemos de diferentes tipos de rutas para todos os amantes do deporte na natureza. Temos rutas de sendeirismo e para percorrer en bicicleta e todas dende a dificultade máis sinxela ata as máis esixentes.
No concello de Coirós, coma é normal en Galicia, contamos con diversas festas e romarías ao longo do ano no que a tradición, a gastronomía e a música son parte fundamental das mesmas.
O entorno natural do noso concello é un dos nosos grandes valores turísticos. Unha natureza privilexiada da que desfrutarás nas túas visitas ao noso concello.
O Río Mandeo é un dos grandes tesouros naturais do noso concello e da comarca. Un lugar especial que non debes deixar de visitar cando te achegues a Coirós.
En Coirós contamos cunha ampla variedade de locales de restauración que farán as delicias dos amantes da boa cociña tradicional galega. Tamén temos diversos aloxamentos ideais para descansar.