Para poder acceder a este catálogo é necesario solicitar a través da biblioteca ou da súa web o novo carné, que será único e poderá ser utilizado en calquera das bibliotecas que están na Rede.

Con este novo carné poderase:
• Acceder aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede.
• Consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia a través da web: https://catalogo- rbgalicia. xunta. gal/
• Servizos online sen necesidade de desprazarse á biblioteca como poden ser solicitar o carné da rede, reservar de libros, renovación de préstamos ou cambio do contrasinal.
• Préstamo do libro dixital. Co usuario e contrasinal de acceso á Rede posibilítase o acceso á plataforma de préstamo electrónico GalicaLe: https://www.galiciale.gal/

Para poder formar parte desta Rede, só tes que achegarche á biblioteca.

Que ofrece a Biblioteca de Coirós?
• Préstamo de documentos. Para utilizar este servizo debes ter o carné de persoa socia da biblioteca. Se es menor de 14 anos a solicitude debe ir asinada polo pai/nai ou titor/a
• Reserva de documentos. É un servizo dirixido sobre todo a xestionar de forma máis eficaz as lecturas obrigatorias e as novidades literarias.
• Promoción á lectura. A biblioteca no seu esforzo para promocionar a lectura entre os cidadáns organiza actividades dirixidas sobre todo ao público infantil.

O persoal bibliotecario oriéntache e informa sobre a procura e recuperación de información ademais de axudarche no uso dos servizos bibliotecarios.

O acceso ao aula de informática actualmente está restrinxido por motivo da COVID-19.

Na que os contos están ordenados por cores segundo a idade, de 0 a 5 anos a cor azul, de 6 a 8 anos o vermello, de 9 a 11 amarelo, de 12 a 13 anos o negro e para os mozos de máis de 14 a cor verde. Tamén dispoñemos de contos de igualdade, identificaralos pola cor rosa e contos noutros idiomas e quebracabezas.

Nesta sección encontrarás a VIDEOTECA con máis de 600 títulos de cine, animación, documentais… dirixidos tanto a adultos coma a nenos

Onde atoparás a sección de cómics e a sección de informática con libros e cd’s tanto para consultar na sala coma para levar en préstamo.

Dispón de novelas, de libros de arte, viaxes, lugares, arquitectura, emigración, astroloxía, antropoloxía, política, natureza e medio, saúde, humor, xogos, xardín, fotografía, zooloxía, agricultura e gandaría, deporte, manualidades, cociña, música, educación, muller, servizos sociais, emprego, relixión, filosofía, economía, lexislación, ensino, educación, etnografía, arqueoloxía, mitos e tradicións, cine, radio e TV, biografías, poesía, historia, teatro, lingua e literatura e libros de cultura en xeral.

Atención ao público

Tfno: 981 796 088

Horarios

Inverno: De luns a venres de 16.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 14.00

Verán: De 09.30 a 14.00 e os sábados de 10.00 a 14.00

Edificio de Usos Múltiples do Concello de Coirós, 1ª planta. Coirós de Arriba, 55-A. 15316 Coirós.

Noticias Biblioteca/Aula Informática