Edificio de nova creación que se comezou a utilizar no ano 2005, conta con dúas plantas e un soto.

Na planta principal, á esquerda atopamos a oficina da educadora familiar e a continuación a oficina da traballadora social, de frente o salón de actos.

Na ala dereita está ubicada a aula de maiores, á que se pode asistir como espazo de reunión dos maiores. A continuación a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Na primeira planta, á esquerda podemos atopar a Biblioteca e Aula de Informática, de acceso gratuíto en con 11 ordenadores con conexión a Internet. Á dereita está ubicado o Centro de información á Muller (CIM) e á continuación un aula de xogos e actividades.

A planta soto está destinada a arquivo e conta cun espazo de ocio de acceso libre para os xóvenes.

Tríptico edificio usos múltiples

No enlace que aparece máis abaixo podes descargar un tríptico con toda a información relacionada con edificio de usos múltiples de Coirós e as súas actividades.

Descargar Tríptico