O CIM é un servizo gratuíto do Concello de Coirós, ó que poden acudir ás mulleres de Coirós e doutros concellos de Galicia, especialmente aqueles cos que está conveniado o servizo do CIM (Aranga, Betanzos, Coirós, Oza- Cesuras e Paderne), para unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e socio-laboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes.

A función prioritaria do CIM é a asistencia integral ás vítimas dea violencia de xénero:

 

  • Asesoramento xurídico integral
  • Solicitude desde o propio Centro da Orde de Protección.
  • Información e xestión do acceso á xustiza gratuíta.
  • Asistencia psicolóxica para a muller maltratada e os seus fillos/as.
  • Xestión, se fose necesario, do aloxamento (casa de acollida, centros de día) cando a muller corra perigo.
  • Servizo de teleasistencia móbil para mulleres vítimas de violencia de xénero. ATENPRO ( INFORMACIÓN DIPTICO )

Área xurídica
Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en Dereito de familia (separacións, divorcios, pensións alimenticias, custodias….) así como outros aspectos de dereito como civil, penal, administrativo ou laboral.
Recepción de denuncias e queixas en materia de discriminación por razón de xénero ou por razón da identidade ou orientación sexual no ámbito da publicidade e nos medios de comunicación e traslado destas aos órganos competentes.

Área psicolóxica
Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade, depresión, baixa autoestima… Apoio e intervencións en caso de malos tratos e asesoramento en problemas de parella.

Área de igualdade
Información sobre cursos, estudos, actividades e xornadas en materia de igualdade de oportunidades, tanto no ámbito de xénero como para o colectivo LGTBI e, en especial, difusión de actividades e servizos desenvolvidos por esta ou outras entidades ou administracións en materia de igualdade.

Área de recursos
Información e asesoramento sobre axudas e recursos, tanto económicos como doutra índole existentes tanto para mulleres que sufriron a violencia de xénero, como para o resto de mulleres.

  • Información dos recursos da comarca.
  • Realización de charlas, coloquios, obradoiros, talleres sobre temáticas de interese para ás mulleres.
  • Campañas de difusión do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.
  • Colaborar coas Escolas Infantís do noso Concello, cos obradoiros de Educación en Igualdade.
  • Asociacionismo: Informar e asesorar ás Asociacións de Mulleres sobre actividades, recursos e servizos relacionados cas mulleres. Potenciar o asesoramento das mulleres e incentivar a relación coas asociacións.
  • Violencia as mulleres. Atención e asesoramento ás mulleres vítimas de violencia, así como as persoas dependentes ou relacionadas con elas, para intentar buscar unha saída á situación de inferno que viven.
  • O CIM de Coirós está adherido ó servizo de teleasistencia para vítimas de violencia de xénero: Este servizo ofrécelle ás vítimas de violencia de xénero a posibilidade de contar si e necesario con este servizo as 24 horas do día os 365 días do ano en calquera lugar onde se atopen. Este servizo baséase na utilización de tecnoloxías da comunicación e permite que as mulleres con risco de sufrir violencia de xénero poidan entrar en contacto ante situacións de emerxencia cun centro de persoal especificamente preparados para dar unha resposta axeitada á situación presentada.
  • O CIM conta cun servizo de asistencia social integral a mulleres inmigrantes a través de un servizo de teletraducción.

Serán principios informadores de actuación no exercicio de todas as funcións do CIM.

a) O respecto ao principio de confidencialidade por parte do persoal dos CIM, quen deberá garantir a privacidade das comunicacións, salvo manifestación de vontade en sentido contrario por parte das persoas usuarias.

b) No caso de que as persoas usuarias do CIM expresen o seu desexo de seren atendidas de forma anónima, o persoal do centro deberá respectar o anonimato da identidade destas, sen prexuízo dos requisitos de identificación que se establezan noutra normativa de ámbito autonómico, estatal ou comunitario.

c) O respecto á vontade das persoas usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.

d) A prestación gratuíta de todos os servizos, que se ofertarán atendendo á vocación de servizo público.

e) Coordinación cos servizos sociais comunitarios e demais servizos municipais co obxecto de prestar unha mellor atención ás persoas usuarias e un exercicio máis eficaz das funcións propias do CIM.

f) A colaboración coas demais administracións públicas e, especialmente, co órgano competente en materia de igualdade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral da Igualdade e Fondo Social Europeo.

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral da Igualdade e Fondo Social Europeo.

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral da Igualdade e Fondo Social Europeo.

Proxecto financiado pola Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral da Igualdade e Fondo Social Europeo.

Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as mulleres empadroadas no concello de Coirós, como mínimo nove meses antes do nacemento ou auto de adopción do ou da menor. Os requisitos necesarios para a concesión da axuda:

  • Que a menor ou o menor este inscrito no Rexistro Civil do Concello de Coirós. Este requisito podese obviar no caso de menores adoptados.
  • Que a menor ou o menor este empadroada ou empadroado no Concello de Coirós.
  • Que a nai solicitante estea empadroada no termino municipal de Coirós, con una antelación mínima de nove meses ao nacemento da menor ou do menor.

As axudas :

  • Polo 1º fillo ou filla: 1.000€.
  • Polo 2º fillo ou filla: 1.200€.
  • Polo 3º fillo ou filla: 1.300€.
  • Polo 4º fillo ou filla: 2.400€.
  • Polo 5º fillo ou filla: 3.600€.

O prazo para solicitar a axuda por nacemento será dun mes natural contando a partir do día do nacemento da ou do menor.

CRITERIOS DE AXUDA

Atención ao público

Tfno: 981 776 296

E-mail: cim@coiros.es

De luns a venres horario de atención ao público: 8:30 a 14:30.
De luns a venres horario de atención ao público: 16:30 a 20:30.
Sábados horarioa de atención ao público :9:00 -12:00

As citas do Asesoramento Xurídico e Atención Psicolóxica serán con cita previa.

Teléfono Citas Previas CIM: 981 776 296

Outros teléfonos de interese
Telefono da Muller ( 24 horas ) : 900 400 273

Teléfono de información e asesoramento en materia de violencia de xénero: 016

O Centro de Información á Muller (CIM) conta cunha directora, unha psicóloga, unha asesora xurídica e unha axente de igualdade.

Máis información sobre axudas na web de Igualdade da Xunta de Galicia: http://igualdade.xunta.gal/

Edificio de Usos Múltiples do Concello de Coirós, 1ª planta. Coirós de Arriba, 55-A. 15316 Coirós.

Díptico do CIM
A información é un elemento clave neste proceso. Por iso o concello de Coirós e o CIM toman a decisión de elaborar un protocolo de actuación que facilite e sistematice a adecuada resposta profesional fronte ás situacións de violencia de xenero.

Descarga arquivos

Protocolo de actuación interdisciplinar

Descarga arquivos

III Plan Igualdade Concello de Coirós

Descarga arquivos

Folla de derivación para o CIM

Descarga arquivos

Programa Violeta

Descarga arquivos

Folla de derivación do CIM con servizo de taxi

Descarga arquivos