SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS BÁSICOS

É a porta de entrada aos servizos sociais, onde se reciben as demandas persoais, familiares e de colectivos, e polo tanto, onde se valoran as situacións de necesidade e os problemas sociais, proporcionándolles información, orientación e asesoramento, de acordo cos dereitos sociais e recursos dispoñibles.

Desde este programa facilítase información de forma individualizada ás persoas, có fin de orientalas e asesoralas sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais, apoiandoas na tramitación de todas elas ou mobilizando os recursos dispoñibles que máis se adapten a cada  problemática.

Así mesmo, préstase información sobre outros sistemas de protección social: educativo, sanitario óu de  vivenda.

  • Persoas destinatarias: Persoas e familias empadroadas/residentes no Concello de Coirós.
  • Como acceder: As veciñas e veciños dirixiránse á traballadora social do concello. En función da demanda da persoa e a valoración profesional, resolverase no mesmo  programa ou derivarase a outros que completen esta atención.

Conxunto de atencións prestadas ás persoas ou familias no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Poderán ser atencións de carácter persoal, domésticas, de acompañamento persoal e atencións de carácter psicosocial. Unha vez garantido o nivel básico de atención poderán incorporarse outras actuacións de carácter complementario.

As horas de atención que se prestarán ás persoas dependentes virá determinada polo seu grao de dependencia. Nos restantes casos serán os servizos sociais os que establezan a intensidade horaria do mesmo.Existen duas modalidades na prestación do servizo:

  • SAF para persoas dependentes valoradas a través do Sistema de Autonomía e Atención á Dependencia de Galicia (SAAD). O acceso para estas será prioritario e directo, e será o concello o que proceda a incluílas no servizo consonte o programa de asignación de recursos do antedito SAAD e a lista de agarda na que se inclúen en función do grao de dependencia outorgado.
  • SAF para as persoas sen recoñecemento de dependencia, as cales, previa solicitude, e logo da prescrición técnica das traballadoras sociais, accederán en réxime de libre concorrencia en aplicación dun baremo público que no que se valoran os déficits de autonomía, os factores de carácter persoal e socio-familiar, o apoio social, a situación da vivenda e outros que poidan dificultar a normalización social e a calidade de vida.

Persoas destinatarias: Persoas maiores con déficits de autonomía. Persoas con discapacidade. Familias con menores a cargo con necesidades de apoio a nivel socioeducativo. Familias en risco de exclusión social.

Como acceder: A través do programa de valoración, orientación e información.

Integra o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

.

  • Persoas destinatarias: Familias residentes na localidade, prioritariamente aquelas que se atopen en situación de maior vulnerabilidade, risco ou crise, ou nas que se identifiquen outros factores que revelen situación de exclusión social( infancia e adolescencia, discapacidade, saúde mental, persoas maiores , adiccións…).
  • Como acceder: Este servizo pode ser demandado polas propias familias, nunha primeira cita coa traballadora social,  ou ben coa educadora familiar, ou a través de profesionais do ámbito educativo ou de saúde , onde se detecten problemáticas susceptibles  da inclusión no mesmo).

É un recurso educativo de ámbito municipal que pon a disposición das familias os medios e recursos didácticos necesarios para axudar ao alumnado con dificultades de aprendizaxe no seu proceso educativo.

O programa procura a máxima colaboración cos equipos docentes dos centros educativos nos que se atopa escolarizado o alumnado. Este traballo conxunto desenvólvese tanto no proceso de avaliación de necesidades como no seguimento e avaliación final de cada participante.

A actividade distribúese en dous grupos, un deles de secundaria e otro de primaria, nos que se procura unha atención personalizada centrada nas necesidades do alumnado. Desde este enfoque, poténcianse as competencias básicas de cada participante, promóvense hábitos de estudo e aséntanse as bases para unha aprendizaxe autónoma e máis satisfactoria.

Así mesmo, nestas aulas refórzanse coñecementos e resólvense dúbidas sobre as temáticas que están sendo abordadas na escolarización ordinaria, incrementándose as expectativas de éxito escolar, non só por parte do propio alumnado, senón tamén das súas familias e profesorado.

  • Como acceder: Previa valoración e derivación dos Departamentos de Orientación dos distintos Centros Educativos.

Procura valorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ou risco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizados ou de grupo como prestacións económicas específicas.

Inclúense nesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao desenvolvemento, promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas.

  1. BOLSAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS
  2. BOLSAS DE TRANSPORTE
  3. PROGRAMA DE ALIMENTOS
  4. PROGRAMA DE EMERXENCIA SOCIAL : Prestacións non periódicas de carácter económico destinadas a facer fronte a gastos por necesidades básicas non cubertas dende outros sistemas de protección: alimentos, vestiario, aloxamento; gastos sanitarios; impagos relacionados có uso e mantemento da vivenda habitual ou outros gastos excepcionais indispensables para previr a exclusión social. Constituirán un apoio á intervención social.)

Persoas destinatarias: Persoas e unidades familiares en situacións ou risco de exclusión social que residan en Betanzos e estean empadroadas, con carácter xeral, alomenos con un ano de antelación á data de solicitude.

Como se accede: A través do programa de valoración, orientación e información.

Servicios sociales comunitarios

Os servizos sociais comunitarios básicos constitúen a canle normal de acceso ao sistema…

Descargar arquivo

Programa de refuerzo escolar

É un recurso educativo de ámbito municipal, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se enmarca dentro do programa de Educación Familiar …

Descargar arquivo

Programa de educacíon familiar

Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade.

Descargar arquivo

SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS ESPECÍFICOS

O obxectivo xeral é contribuir a ampliar a esperanza de vida activa e saúdable dos maiores, mantendo a autonomía e a independencia, e promovendo a súa participación e presencia na sociedade.

Dentro do mesmo desenvólvense distintas actividades municipais , relacionadas có mantemento da saúde e a dinamizacion: obradoiro de memoria, obradoiro canto-coro.

En canto a equipamento específico, o concello conta co centro social de usos múltiples, de carácter aberto, que pretende ser un espazo para a convivencia que lles permite tanto aos maiores (sala maiores na planta baixa), coma ao resto da poboación, manter e ampliar as relacións sociais, contribuindo a evitar o aillamento e a soidade.

 

  • Persoas destinatarias: Maiores empadroados e empadroadas que residan no termo municipal.
  • Como acceder: A través do programa de valoración, orientación e información).

OO Concello ven desenvolvendo no ámbito territorial da Agrupación de Concellos de Betanzos (promotor e coordinador, onde se ubica a Unidade) integrada polos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Coirós e Oza-Cesuras, distintos programas e actuacións en materia de prevención de drogodependencias e condutas adictivas dende o ano 2002 de xeito ininterrompido.

As sustancias mais consumidas no territorio  son principalmente alcohol, tabaco e cannabis polo que basicamente se fomentarán actuacións relacionadas ca información e formación sobre estas substancias, sexan legais ou ilegais, así como realización de actividades de ocio saudable e fomento de habilidades de afrontamento e educación para a saúde nos distintos ámbitos de actuación.

Os programas preventivos desenvólvense nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Escolar: coa prevención de consumo de drogas entre a poboación escolarizada mediante programas específicos e a intervención socioeducativa nas aulas dos centros educativos.
  • Familiar: mediante programas e actividades preventivas como o Grupo de Nais e Pais pola Saúde con reunión periódicas de nais e país.
  • Xuvenil: levando a cabo distintas actuacións preventivas de condutas adictivas con poboación xuvenil e fomentando hábitos saudables entre mozas e mozos. Tamén neste ámbito realizanse intervencións formativas nas autoescolas para promover una condución responsable e sen consumo de drogas por parte da mocidade.
  • Laboral: fomentando espazos de traballo saudables con información específica para as empresas e as persoas que traballan en elas.
  • Prevención de tipo transversal: con información e sensibilización da poboación en xeral sobre as drogas e os seus efectos mediante campañas informativas sobre drogas legais e ilegais ademías das chamadas adiccións se substancia. Ademáis lévanse a cabo charlas con asociación e distintos colectivos sobre condutas adictivas.

Neste ámbito tamén realízase formación de distintos mediadores sociais en prevención.Tódalas actividades desenvólvense tendo en conta a perspectiva de xénero.

Servicios sociales comunitarios

Os servizos sociais comunitarios básicos constitúen a canle normal de acceso ao sistema…

Descargar arquivo

Programa de refuerzo escolar

É un recurso educativo de ámbito municipal, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se enmarca dentro do programa de Educación Familiar …

Descargar arquivo

Programa de educacíon familiar

Concíbese o programa de Educación Familiar como un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade.

Descargar arquivo

CONTACTOS SERVIZOS SOCIAIS

Centro de Servizos Sociais (pranta baixa)

  • Dirección: Coirós de Arriba, 55-A. 15316. Coirós,
  • Como chegar

Traballadora Social

Educadora Familiar