Déixate sorprender polo Río Mandeo

O lugar de Chelo é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto. Accedese a este lugar dende a N-VI, no lugar de Collantres e seguindo as indicacións do Coto de Chelo.

Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a salamandra, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a nutria.

Pódese contemplar unha exposición permanente interactiva no recentemente aberto Centro de interpretación do río Mandeo, unha iniciativa enmarcada dentro do Plan Mandeo. O horario de visitas é os venres de 10 a 13 horas e os sábados e domingos de 10 a 13 e de 16 a 19 horas.

 

Chámaselle “Os Caneiros” a un merendeiro ubicado no bosque, na marxe esquerda do Río Mandeo a uns 3 kms de Betanzos. Está ubicado dentro da área do Concello de Coirós pero pertence a Betanzos.

Este lugar emblemático utilizouse tradicionalmente pola xente de Betanzos para celebrar tódolos anos en Agosto a “jira a Os Caneiros”, na que subía en lancha ou a pé desde Betanzos a comer os excedentes da comida do día do patrón.

 

O proxecto Mandeo, encabezado pola Deputación de A Coruña e os Concellos, é unha iniciativa que nace do interese por preservar o patrimonio medioambiental do río, catalogado na súa parte inferior, de ó redor de 1.020ha, como espazo natural protexido ó estar integrado na Rede Natura 2000.

O territorio que abarca o proxecto exténdese por dez concellos da provincia de A Coruña (Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza dos Ríos, Paderne e Sobrado). Por cada un destes concellos, fundamentalmente rurais, polos que discorre o Mandeo, podemos atopar lugares cheos de maxia e cunha riqueza natural e etnográfica de excepción.

Ademáis, dentro do plan diseñaronse zonas de ocio que lle engaden un valor maior ó Mandeo, ademáis de rutas de sendeirismo señalizadas que pisan cada un dos dez concellos integrantes.

No Concello de Coirós podemos disfrutar dunha variedade de rutas a pé ou en bicicleta. * (ver rutas)

Ademáis disto, creouse unha rede de aloxamentos e restaurantes, os “refuxios do Mandeo”, na que o noso concello tamén aporta o varios establecementos de calidade a esta rede.

Dentro deste Plan, inaugurouse recentemente o Centro de interpretación do río Mandeo no lugar de Chelo. Conta cunha exposición interactiva que pretende dar a coñecer os recursos do río a nivel ecolóxico, cultural e etnográfico.