O Complexo deportivo, situado no lugar de “A Cortella”, parroquia de San Xuli´án de Coirós, é lugar de referencia para a práctica do deporte entre os veciños e veciñas de Coirós por atoparse nesta área as instalacións deportivas máis destacadas como son a piscina, o campo de fútbol, a pista de tenis e o polideportivo.

Pertence á rede de piscinas coas que a Diputación de A Coruña dotou a pequenos municipios coruñeses.

O modelo foi premiado nun concurso convocado pola Diputación en 1996.

Ó ser unha piscina descuberta, soamente se utiliza nos meses de verán.

O Concello de Coirós conta cun campo de fútbol ideal para cubrir as necesidades básicas do municipio neste tema.

Para os amantes do tenis, o Concello de Coirós ten a súa disposición unha pista de tenis municipal coa que practicar o seu deporte favorito.

No polideportivo do Concello de Coirós pódense practicar diferentes tipos de modalidades deportivas.