O concello de Coirós , dende a entrada do actual goberno en 1991, apostou por unha labor diaria e tenaz, no traballo de mellorar o medioambiente municipal.
Comezou co establecemento, con carácter universal, do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, que na actualidade (xa desde hai moitos anos) está diversificada en recollida de residuos orgánicos, envases, papel e vidro, todos eles por separado. Ademáis, para evitar o triste espectáculo de ver residuos por calqueira parte, existe un servizo bimestral de recollida de residuos voluminosos procedentes das viviendas.
Estamos ante un concello que está empeñado en dotar de servizos básicos a tódolos puntos do municipio. Na actualidade existe un servizo de abastecemento domiciliario de auga potable en todo o concello. En canto ao tratamento de augas residuais, a día de hoxe, aproximadamente o 70% de las viviendas do termo municipal están dotadas deste servizo.
A labor que se realizó para o aforro enerxético en materia de alumbrado público dista do de hai moitos anos, de tal forma que cando a Diputación iniciou un plan de auditorías nos concellos para aforro de consumo enerxético, ó chegar a Coirós o traballo xa estaba realizado (non só a auditoría, tamen que executamos case ao 100% os traballos para conseguir dito aforro).

Plan de actuación municipal ante o risco de inundacións en Coirós
No documento adxunto pódese acceder ao Plan Municipal ante o risco de inundacións en Coirós.