Descubre o noso Entorno Natural
A Pena Furada está emprazada na parroquia de Santa Marina de Lesa, nun outeiro a 280 metros entre os ríos Mandeo e Mendo, e que conta cunhas extraordinarias vistas e cunha destacada incidencia da luz solar.
No santuario rupestre galaicorromano, delimitado con muros perimetrais, destaca como elemento principal a presenza da Moura, un antropomorfo que representa una figura femenina dotada de volume e na que destaca fundamentalmente a súa vulva, o que podería representar a fertilización no mundo simbólico da idade de Ferro e máis concretamente podería estar relacionada coa deusa Navia. Á carón da Moura atopamos unha pía cuadrangular para a realización de ofrendas. A figura está orientada ó oeste, polo que ó mediodía é cando mellor se pode apreciar, quedando case oculta ó atardecer.
Posteriormente, o santuario foi cristianizado a través da igrexa de Santa Marina de Lesa, moi preto do lugar, a uns 800 metros, e tamén orientada estratéxicamente.
Actualmente estase a traballar no proxecto, sendo un equipo multidisciplinar formado por arqueólogos, arquitectos, entre outros, e dirixido polo arqueólogo director Antón Malde.
O río Vexo ou Fervenzas (coñecido con estes dous nomes), é un afluente do río Mandeo. O sendeiro que parte da Ponte de Xora discorre por unha paisaxe que goza de tranquilidade e fermosura, na que se atopan varios muíños que nos recordan a importancia do río para os nosos antepasados.
Tamén no discurso do tramo do río atopamos unha antiga ferrería coñecida como “O Machuco de Ois”, do que aínda se conservan os muros de grandes dimensións, tanto os do edificio principal como os dunha edificación anexa que podería ser a vivenda.
A ruta, que é circular, ten unha lonxitude de 3,4km, cun nivel de dificultade medio- baixo moi recomendable para realizar en familia.
Seguindo a estrada C.P. 2702 chegamos ó lugar chamado “O picoto”, no monte de A Espenuca a 290 metros sobre o nivel do mar. Este mirador natural sobre a comarca de As Mariñas permite ver o paso do Mandeo sobre o lugar de Chelo, e grande parte da comarca.
O entorno cobra especial importancia pola presenza da igrexa e a ermita de Santa Eulalia, ademáis do campanario, que se atopa separado da construcción e uns metros mais arriba.
Un entorno tranquilo no que o Mendo nos deleita cunha bonita paraxe na que podemos atopar dous muíños totalmente rehabilitados e que antigamente foron muíños de maquía, tal como se pode apreciar dende o exterior, xa que a súa rehabilitación respetou con sumo cuidado os elementos do muíño.
Son o “Muíño do Carlista” e o “Muíño do Mende”.
O Monte do Gato é o límite natural entre os Concellos de Aranga, Coirós e Oza dos Ríos. No Monte do Gato atópase o punto mais alto do Concello, con 512 metros de altura e dende o que se pode disfrutar dunhas extaordinarias vistas sobre a comarca das Mariñas.
O Monte conserva o seu estado natural dende hai miles de anos, tanto a nivel paisaxístico como no que se refire á conservación da súa fauna, na que destacan o corzo, o raposo, o xabarín, as aves rapaces e o retraído gato montés, especie da que é probable que derive o nome este Monte.
O gato montés é unha especie protexida polo Real Decreto 439/90, e catalogado como “de interese especial”. Vive en zonas coma esta por ser un lugar con abundante vexetación e con baixa densidade de poboación.
Outro dos encantos que nos ofrece o Monte do Gato é a súa riqueza arqueolóxica, na que se poden atopar numerosas mámoas e petroglifos da Idade de bronce.
Polo entorno do Monte do Gato trazouse unha ruta dentro do Plan Mandeo, a ruta SM.15, diseñada especialmente para poder realizar en bicicleta