O concello de Coirós , dende a entrada do actual goberno en 1991, apostou por unha labor diaria e tenaz, no traballo de mellorar o EMPREGO municipal.

A constitución dunha contorna local propicia á creación de emprego require o desenvolvemento dun conxunto de funcións esenciais como son a animación, o estímulo e a innovación.

Para que estas funcións se poñan en práctica o concello conta con unha axente de emprego e desenvolvemento local, que actúa como promotora de actividades, prospectora de mercado e asesora de proxectos de empresa. Desde esta perspectiva o Concello quere potenciar o papel das entidades locais como motor da creación de emprego e apoiar decididamente a constitución de pequenas e medianas empresas, dado que a súa existencia favorece un tecido empresarial máis estable, a diversificación de actividades e, sobre todo, un crecemento económico sostido.

Atendemos de forma presencial os mércores de 9 a 14:00 horas
Tfno: 981 79 64 14
E-mail: aedl@coiros.es