A Escola de Educación Infantil ( Segundo Ciclo) de Coirós é un centro público que pertence á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Foi inaugurada o 9 de setembro de 2021, agrupando as Escolas Unitarias de Fontelo-Ois e Coirós de Arriba.
Actualmente conta con dúas aulas mixtas, integradas por alumnado de 4o, 5o e 6o niveis de Educación Infantil en cada unha delas.
Como servizos complementarios ofrece: transporte escolar a cargo do Concello e comedor, ademais de apertura anticipada.
Este centro educativo está adscrito ao C.E.I.P. Francisco Vales Villamarín de Betanzos co que comparte servizos educativos e coordinación pedagóxica.
