- Este evento pasou.
ESPECTÁCULO INFANTIL- COMENOITES DE NAÚFRAGOS TEATRO
27 Novembro, 2021 |6:00 p.m. - 7:00 p.m.
De baldeSÁBADO 27 DE NOVEMBRO ÁS 18H NO CENTRO SOCIAL.
Espectáculo gratuíto en colaboración coa Deputación da Coruña a través da Rede Cultural.
Para nenas e nenos a partir de 2 anos (2 e 3 anos acompañados por un adulto).
Inscricións na OMIX
Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha fermosa historia coa que os nenos e nenas descubrirán os misterios da existencia do día e da noite.
Comenoites é un trasgo barrigudo ao que lle encanta comer a noite para que o Sol poida raiar día tras día, traendo luz, calor e cor para todos.
Pero un día a Lúa dille que está moi gordo e Comenoites decide deixar de comer. ¿Cal é o problema? Pois que, se Comenoites non come a noite, o frío e a escuridade reinarán para sempre na Terra e o Sol non volverá raiar nunca.
¿Volverá comer Comenoites algún día? ¿Volverá raiar, daquela, o Sol?