- Este evento pasou.
TEATRO: BERNARDA
16 Xuño, 2024 |6:00 p.m. - 7:00 p.m.
De baldePresentamos a última peza da 1ª Mostra de teatro para persoas adultas do Concello de Coirós, BERNARDA.
Unha historia recreada nuha vila galega de 1975 1975. Unha vila de Galicia.
Bernarda queda viúva o mesmo día da morte de Franco.
Quédanlle dúas fillas mozas e xemelas . Bernarda decreta o estado de loito. Durante dous anos non poden ver a televisión, nin escoitar a radio, nin ler revistas. Só poden saír da casa para ir á misa, á tenda ou ó cemiterio e as contras deben estar pechadas día e noite. Fóra, a sociedade da transición está cambiando. Dentro, Bernarda fai todo o posible para que eses cambios non entren na súa casa.
Unha historia de drama con moito humor dirixida por Xoque Carbajal e na que participan actrices de recoñecido prestixio como é o caso de Luisa Merelas.
Domingo 16 de xuño ás 18h no centro social de Coirós
Entrada de balde e ata completar aforo
![]()