Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

LILA TEATRO: CACHOPO MÁXICO

16 Decembro, 2023 |6:00 p.m. - 7:00 p.m.

O próximo sábado 16 de decembro ás 18h no Centro social de Coirós contaremos con “Cachopo máxico”, un novo espectáculo teatral a cargo da compañía Lila teatro.

O argumento da obra é o seguinte: “nunha pequena porción de terra, enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno e estar perdido entre as brétemas do esquecemento, pode divisarse unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de saír fume pola súa torta cheminea. Alí viven os Palpatore, unha familia singular porque coma ela non hai outra igual. Coa chegada do Nadal a casa Palpatore comeza a ferver, toca traballar sen descanso durante un mes e non están acostumados a tanto traqueteo. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece nesas datas de celebración”. Cachopo máxico é unha alegre interpretación dende a perspectiva dos costumes galegosm mais antigos que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais.

Detalles

Data:
16 Decembro, 2023
Hora:
6:00 p.m. - 7:00 p.m.

Protagonista

LILA TEATRO

Recinto

CENTRO SOCIAL DE COIRÓS
COIRÓS DE ARRIBA, 55A
COIRÓS, A CORUÑA 15316 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981796088