NOTICIAS COVID-19

A Xunta de Galicia está ultimando un plan específico en materia de competencias dixitais para o ensino a distancia –o Plan de Continxencia para o ensino non presencial ou semipresencial–, co fin de que o funcionamento do sistema educativo non se vexa afectado pola pandemia.

LER MÁIS

A Consellería e Sanidade, decidiu esta mañá establecer medidas restritivas nos concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia..

LER MÁIS

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, no Consello da Xunta, a posta en marcha de novas medidas en centros residenciais acordadas polo comité clínico de expertos para seguir facendo fronte a pandemia, e entre as que destacou un protocolo para regular as visitas aos usuarios de residencias.

LER MÁIS

RECURSOS

PREGUNTAS FRECUENTES

Para as persoas de seis ou ma is anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas ou espazos de uso público ao aire libre similares con limitación de aforo: máximo estimado, unha persoa por cada tres metros cadrados.

Lugares de culto: 75 % da súa capacidade.

Velorios: 30 persoas en espazos pechados e 60 en espazos abertos.

Enterramento ou despedida para a cremación: 75 persoas entre familiares e achegados. Permítese a actuación de coros durante as celebracións.

Os síntomas máis comúns inclúen febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral. Nalgúns casos tamén pode haber síntomas dixestivos, como diarrea, vómitos e dor abdominal. A maioría dos casos presentan síntomas leves. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e incluso a morte. Os casos máis graves xeralmente se dan en persoas de idade avanzada ou que padecen algunha enfermidade crónica, como enfermidades do corazón, do pulmón ou problemas de inmunidade.

As persoas que presenten síntomas respiratorios (febre, tose, sensación de falta de aire) estiveran recentemente (nos 14 días previos) nunha zona de risco e/ou tiveran contacto estreito cunha persoa que sexa un caso confirmado, deberán quedar no seu domicilio e contactar cos servizos de saúde telefonicamente chamando ao teléfono 900400116. Contactar só telefonicamente co 061 nas emerxencias e casos graves.

Se pertence á poboación de risco como enfermo crónico ou inmunodeprimido así como no caso das mulleres embarazadas, advirta da súa situación cando chame.

Os servizos sanitarios valorarán o seu estado de saúde, o antecedente de viaxe e o posible contacto con casos de coronavirus.