O próximo luns 24 de xullo celebrarase o décimo aniversario da creación da escola de música e baile tradicional, acto que se levará a cabo a través dun festival no que actuarán todos os grupos da escola, ademáis do grupo da Asociación cultural “A legua dereita” do Corgo.
Tamén haberá exposición fotográfica dos dez anos de traxectoria.
A cita será na Antiga escola de Queirís a partir das 21h. coa estreita colaboración da ACR Collantres
