20º Aniversario do coro municipal

O noso Coro Municipal de Coirós cumpre 20 anos e queremos compartir esta data tan sinalada con toda a veciñanza.

Data: 3 de decembro

Horario: ás 19:00 h

Localización: Centro de Servizos Sociais de Coirós

A celebración contará con e unha actuación especial do Coro Municipal e a proxección dun vídeo conmemorativo que repasará estes 20 anos de historia. Será un momento para lembrar, compartir e celebrar todo o camiño percorrido a través da música.

¡Toda a veciñanza está convidada!

Agardámosvos para celebrar xuntos estes 20 anos