AXUDAS PARA AUTÓNOMOS

AXUDAS da Consellería de Emprego e Igualdade
Convocatoria para o ano 2021

PROGRAMA I PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO-FSE
(códigos de procedemento TR341D e TR349F).

Obxecto
A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Características da axuda
Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 20, segundo a súa situación no momento de inicio da activid de laboral, unha subvención segundo o modelo de custes simplificados asociados á operación.
A contía mínima establécese en 2.000€ e, a contía máxima posible de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 €.

Persoas beneficiarias
Todas aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as condicións establecidas no artigo 20 da súa convocatoria.

Requisitos
a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.
b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 5.2 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.
c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).
d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.
e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.

  1. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser
    beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.
  2. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís,
    sociedades laborais e os autónomos colaboradores.
    Normativa:
    Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras
    autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2021).
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedementoodtram=TR341D&ano=2021&numpub
    =1&lang=gl
    Prazo de presentación das solicitudes
    05/08/2021 – 30/09/2021
    O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2021.
    Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, cumprindo, polo tanto, o prazo mínimo dun mes establecido no artigo 29 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.
    Información e tramitación en:
    Sobre este procedemento administrativo, que ten o código TR341D poderase obter información a través dos seguintes medios:
  3. Consellería de Emprego e Igualdade -Servizo de Emprego Autónomo
    Email: autónomos.emprego@xunta.gal
  4. Servizo de Emprego e Economía Social da Coruña
    Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal
  5. Programa I. Promoción do emprego autónomo.
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2021&numpub
    =1&lang=gl
    OLLO: Podes solicitar mais información a ADL do Concello
    TR349F – Programa II. Axudas a persoas traballadoras
    autónomas pola contratación indefinida e a formación
    de persoas asalariadas

    Obxecto
    Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2021 dos incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
    Características da axuda
    Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación (código de procedemento TR349F). Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
    a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
    b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
    Persoas beneficiarias
    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
    Requisitos
    Bono de incentivos á contratación de persoas desempregadas
  6. Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais que realicen as persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en
    centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
  7. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.
  8. Será subvencionable a primeira contratación indefinida inicial cando na data en que se formalice o contrato polo que se solicita a subvención non houbese outra persoa traballadora contratada cunha relación laboral indefinida nin se contratase con carácter indefinido, con anterioridade, outra persoa traballadora agás que este
    contrato indefinido se extinguise por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante o período de proba.
  9. Serán subvencionables a segunda e a terceira contratación indefinida inicial sempre que con anterioridade á formalización destes contratos non se realizasen dúas o máis contratacións indefinidas agás que estes contratos indefinidos anteriores se extinguisen por dimisión, morte, xubilación, incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez da persoa traballadora, ou por resolución durante
    o período de proba.
  10. O contrato indefinido inicial para que poida ser obxecto de subvención deberá formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
    Bono de incentivos á formación
  11. As persoas autónomas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:
    a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar na sección 2º desta convocatoria.
    b) En canto a duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo ás que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
    c) Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.
    d) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2021.
    e) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data de publicación desta orde a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
  12. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
    Normativa:
    Orde do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado polo programa operativo
    FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 148 do 4 de agosto de 2021).
    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210804/AnuncioG0599-220721-0002_
    gl.html
    Prazo de presentación das solicitudes
    05/08/2021 – 30/09/2021
  13. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
    Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
  14. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
  15. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2021, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
    Información e tramitación e:
    Sobre este procedemento administrativo, que ten o código TR349F poderase obter
    información a través dos seguintes medios:
  16. Consellería de Emprego e Igualdade
    Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade da Coruña
    Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal
  17. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:
    https://sede.xunta.gal.
    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F
    OLLO: Podes solicitar mais información a ADL do Concello