XUNTOS POLO NADAL 2026

A Consellería de Política Social e Igualdade organiza unha nova edición do programa «Xuntos polo Nadal 2026», dirixido a persoas maiores de 60 anos que viven soas e non teñen con quen compartir estas datas.

O programa ten como obxectivo promover o envellecemento activo, a convivencia e as relacións sociais, ofrecendo unha alternativa para pasar o Nadal en compañía.

Nesta edición ofértanse 270 prazas, distribuídas entre a Residencia de Tempo Libre do Carballiño (130 prazas) e a de Panxón, en Nigrán (140 prazas).

As estadías desenvolveranse entre o 23 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027, en tres quendas posibles de 8 ou 16 días. Inclúen aloxamento, pensión completa, actividades de animación sociocultural e transporte en autobús desde as localidades establecidas.

Poderán participar as persoas que teñan cumpridos 60 anos, estean empadroadas en Galicia, vivan soas e conten coa autonomía necesaria para desenvolverse durante a estadía.

A participación no programa é totalmente gratuíta.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 16 ao 30 de novembro de 2026, ambos os dous incluídos. As solicitudes deberán acompañarse do informe social e da declaración responsable correspondentes.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos servizos sociais municipais ou chamar ao Teléfono Social gratuíto: 900 333 666.

INFORMACIÓN DISPOÑIBLE PARA DESCARGA:

https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/11/INFO_Xuntos-polo-Nadal-2026-_-W_MATIASS.pdf