O alcalde de Coirós recibiu este sábado ós catro deportistas do Clube ITF Coirós que alcanzaron dous títulos de campeóns e subcampeóns de España no Campeonato España de Kickboxing Tatami Sport, celebrado recientemente en Azuqueca de Henares (Guadalajara).
Os deportistas do clube de Coirós que alcanzaron os títulos nacionais foron: Abelardo Vázquez García: Campión de España en Light contact, Campión de España en Point Fighting, categoría Master class. Paula Vázquez Requeijo: Campiona de España en Light Contact, Subcampiona de España en Point fighting, categoría Cadete menor. Yanire Vázquez Requeijo: Subcampiona en Light Contact, categoría Cadete menor, non disputou point fighting por falla de rivais. Brais Freire Díaz: Subcampión en Point Fighting, Subcampión en Light Contact, categoría Cadete menor.
Os resultados do Clube este ano falan por sí sos do traballo dos seus deportistas, que levan a Coirós a contar con un bicampión, unha campiona de España e 66 medallas de kickboxing no que vai de ano. Pola sua parte, Quintela felicitou aos deportistas e animoulles a seguir traballando, engadindo “que gañar está moi bien, pero que o realmente importante é a práctica do deporte e participar”