Inscrición aberta
Data de inicio: 21 de Outubro , 2021
Data de fin: 11 de Novembro , 2021
Data de inicio da inscripción: 16 de Setembro , 2021
Data de fin da inscripción: 16 de Outubro , 2021
Duración (en horas): 16
Prazas: 15
Ámbito: Galicia
Lugar de celebración: Betanzos
Cursos gratuitos. 16 horas repartidas en 4 xornadas.
Datas. 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro
Contido do curso
1. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS ERGONÓMICOS (8 horas)
- a) Riscos por mobilización de persoas con discapacidade motora persoas (4 horas)
- Risco asociado á mobilización manual de persoas
- Alteracións do sistema musculoesquelético e a súa asociación coa sobrecarga biomecánica
- Identificación dos factores de risco
- Estratexia preventiva
- b) Aplicación práctica de técnicas de mobilización de persoas e normas de hixiene postural. Utilización de axudas menores: sabas deslizantes e táboas de transferencia (4 horas).
. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE AOS RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS (4 horas)
- Precaucións básicas fronte ao risco químico e biolóxico.
- Tarefas con risco de contaxio de enfermidades.
- Que facer para evitar contaxios
- Accidentes con risco químico e biolóxico. Que facer
- Pautas para minimizar a transmisión da COVID-19 para traballadores do sector sociosanitario
- Aplicación práctica na aula. Medidas preventivas e actuación en cortes e salpicaduras. Uso de luvas, máscara, bata.
3. MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE A RISCOS PSICOSOCIAIS (4 horas)
- Esixencias psicolóxicas. Dobre presenza. Control sobre o traballo. Apoio social e calidade de liderado. Compensacións polo traballo.
- Manexo de persoas con discapacidade cognitiva e patoloxías psiquiátricas
- Aplicación práctica na aula. Simulación de caso real
- Situación actual COVID-19. Efectos psicosociais que se están presentando nos centros de traballo
Persoas destinatarias: persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.
Horario: de 16:00 20:00 horas.
Criterios de selección:
No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:
· Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
· Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.
Solicitudes:
As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II da convocatoriaque se atopa dispoñible en formato editable a continuacón (Ficha de inscrición editable).
O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de15 alumnos/as por taller.
As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:
- Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
- Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
- Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)
No caso de cursos que teñan un número de alumnos/as inscritos inferior a 10, o ISSGA poderá optar entre pospoñelos a unha data posterior (sempre que sexa posible en función da data de remate do contrato) ou anulalos, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes. En caso de que se anulen, proporase a súa realización noutro concello.
Máis información nos teléfonos 981392209 ou no enderezo direccion@gplus.es