PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO” 2021- 2022
O Concello de Betanzos
ACTIVIDADE gratuíta
Periodicidade: unha xuntanza mensual de novembro de 2021 a xuño de 2022.
Comezo: martes 23 de novembro de 2021. Horario: de 8:00 h a 9:00 h. da tarde.
Nas distintas reunións, co psicólogo da unidade, trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar aos nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social coma son: normas e límites na familia, uso de internet e móbil, escola e familia, problemas de conduta e hábitos de vida saudables entre outros.
Se está interesado/a en formar parte do: “Grupo de Nais e Pais
pola Saúde”, pregámoslle nolo faga saber ata o 22 de novembro cubrindo esta ficha.
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2021/10/Grupo-de-nais-e-pais-inscrición-2021-2022.pdf
PÓDESE ENTREGAR NO EDIFICIO DE SERVIZOS SOCIAIS
CONCELLO DE BETANZOS. PRAZA DO EMIGRANTE, 1 (EDIF. ESCOLAS GARCÍA NAVEIRA).
TAMÉN PODE ENVIAR A INSCRICIÓN AO enderezo electrónico
updca@betanzos.net
INSCRICIÓNS ATA O 22 DE NOVEMBRO DE 2021