A competidora coirense alzouse coa victoria en combate e obtivo un meritorio segundo posto en formas individuais fronte á campiona dunha categoría que non era a súaCoirós foi representado por unha competidora e un técnicoO pasado fin de semana celebrouse na localidade de Sant Vicenç dels Horts (Barcelona), o “Open Fujimae Barcelona” de Taekwon-Do ITF, no cal participaron uns 420 deportistas de varias nacionalidades, entre os que se atopaban dous membros do “Club ITF Coirós.Sandra Vázquez, competiu na categoría Junior femenina, en combate e formas (tul) individual, asistida polo técnico do club, Abelardo Vázquez. Os resultados obtidos foron os seguintes:Sandra Vázquez Requeijo: Ouro en combate -50 kg Junior femenino. Prata en Tuls I Dan Junior femenino, na que tivo que competir contra a a campiona da categoría por non ter rival na súa (II Dan Junior Femenino), non podendo así demostrar o duro traballo de preparación realizado para as formas propias do seu grao.O club xa prepara o seu próximo desafío en Taekwon-Do ITF, o “Open Fujimae Benidorm” que se celebrará o vindeiro 16 de abril en Alicante, así coma o “Trofeo Internacional Ribeira Sacra” de kickboxing, que será o 23 de abril en Luintra.
