Dende o Ministerio de Política Territorial púxose en marcha unha iniciativa de achega da Administración á cidadanía denominada “A administración perto de ti”.
Trátase dunha iniciativa orientada especialmente ós municipios mais pequenos e de entornos rurais para dar resposta ás necesidades das persoas permitindo o acceso ós servizos públicos dende calquera lugar a través de sedes e procedementos electrónicos dispoñibles.
Todas as persoas que se queiran beneficiar das ventaxas da Administración dixital poderán asistir á xornada informativa que se celebrará o martes 29 de novembro ás 10h. Nesta xornada ofrecerase a posibilidade ás persoas asistentes de obter in situ un certificado electrónico expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre que é o que maiores posibilidades de interacción proporciona co conxunto das Administracións Públicas.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ó 981796088 ou por watssap no 628801576, xa que o número de certificados que se poden expedir no día é limitado.