O Concello de Coirós, dentro das inciativas dirixidas ás persoas maiores e ós pensionistas en xeral (con calquer idade), trala suspensión pola pandemia, por fin podemos volve a retomar a festa dos pensionistas.
O encontro terá lugar o 21 de abril no polideportivo municipal da Cortella a partir das 14 horas
Poderán recoller a súa invitación persoal as persoas que cumpran os requisitos ata o 18 de abril no centro social de Coirós (Servizos sociais). No caso de non ser posible o desprazamento, a persoa interesada poderá chamar por teléfono ó 981796088 para facilitar o envío da mesma.
A participación é gratuíta e inclúe a recepción, xantar e baile.
Haberá buses de ida e volta, que pasarán polas paradas habituais a partir das 13h e regresarán ás 19horas.