O club ITF Coirós gaña 18 ouros e 1 trofeo á millor deportista no Trofeo Internacional Ribeira Sacra



O pasado sábado, celebrouse na localidade de Nogueira de Ramuín (Ourense) a 5ª edición do “Trofeo de Kickboxing Ribeira Sacra” no que se congregaron 208 deportistas de 7 comunidades autónomas e dous países.
Ao mesmo, acudíu o club de kickboxing de Coirós con 18 deportistas que, a pesar de sufrir una baixa médica, lograron uns magníficos resultados, consolidándose coma o millor club da comarca de Betanzos e as Mariñas e un dos millores da provincia e de toda Galicia.
Sandra Vázquez fixo unha intervención espectacular, acaparando a atención dos asistentes nun combate estelar contra unha grandísima rival, acadando unha victoria con solvencia que a levou a recibir o trofeo á millor deportista do evento.
Os resultados individuáis foron os seguintes:
Sandra Vázquez Requeijo: Ouro en point, ouro en light, ouro en kicklight, trofeo á millor deportista.
Paula Vázquez Requeijo: Prata en point, prata en light, ouro en kicklight.
Yanire Vázquez Requeijo: Ouro en point, ouro en light, ouro en kicklight.
Valeria Vázquez Requeijo: Bronce en mock.
Brais Freire Díaz: Ouro en point, ouro en light, ouro en kicklight.
Carolina Cagiao Faraldo: Prata en point, prata en light, prata en kicklight.
Míriam Cagiao Faraldo: Prata en point, prata en light, prata en kicklight.
Guillermo Pedreira Rodríguez: Prata en point, prata en light, prata en kicklight.
Ana Pedreira Rodríguez: Prata en mock.
Daniel Sánchez valiño: Prata en point, prata en light, prata en kicklight.
Lucas Sánchez Valiño: Ouro en mock.
Ainara López López: Prata en point, bronce en light, prata en kicklight.
Xurxo Gago Montaña: Ouro en point, ouro en light.
Adrián Torres Barca: Prata en point, prata en light.
Manuel Carracedo Trigo: Ouro en point.
Martín Varela Velo: Prata en point, prata en light.
Leandro Andrade Sanjurjo: Bronce en mock, ouro en point, ouro en light, prata en kicklight.
Joel Gago Díaz: Prata en point, ouro en light, ouro en kicklight.
O club xa prepara o vindeiro compromiso que será o Campionato de España Senior en maio en Guadalaxara.