O prazo de inscrición para o programa RESPONSABILÍZATE da Xunta de Galicia FINALIZA EN TRES DÍAS, aínda non te anotaches? Aquí tes os motivos polos que che pode ser de gran interese.
Trátase dun programa de asesoramento personalizado completamente gratuíto e posto en marcha a través de Valora Consultores (Oficina Técnica do Proxecto) que axuda ás empresas galegas a cumprir ca regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) e desenvolver de forma estratéxica a súa RSE (Responsabilidade Social Empresarial).
Os servizos que o programa ofrece divídense nas seguintes fases:
- Diagnóstico co que se analiza o estado, o potencial competitivo mais a situación da RSE na empresa
- Formación, tamén gratuíta, de 15h en formato online
- Asesoramento personalizado e con formación (5h)
- Plan de acción adaptado ás necesidades da empresa
- Implantación e seguimento do desenvolvemento do Plan
- SELO RESPONSABILÍZATE coa finalización do programa
Quedan moi poucas prazas así que animámoste a non perder esta oportunidade e inscribirte; toda a información necesaria encontrarala no seguinte enlace: https://rse.xunta.gal/index.php/es/responsabilizate-presentacion
Para presentar a solicitude de inscrición: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B
Estaremos encantados de resolverche calquera dúbida, ben vía teléfono, chamando ao número 674241281, ou vía email, no correo: responsabilizate.emprego.igualdade@xunta.gal
| O programa Responsabilízate axudará ás pemes galegas a ser máis sostibles e impulsar a súa competitividade Responsabilízate é un programa de asesoramento personalizado gratuíto promovido pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, que persegue dotar ás empresas galegas das ferramentas e os coñecementos necesarios para adaptarse ás obrigacións da regulación ASG (Ambientais, Sociais e de bo Goberno) e no desenvolvemento da súa RSE. Desta forma serán máis competitivas, facilitando a súa adaptación ás esixencias dos grandes clientes, do mercado de consumo e das novas esixencias sociais e administrativas. Os servizos incluídos no programa inclúen un diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que contará co apoio do equipo de consultores do proxecto. Poderán beneficiarse do programa, previa inscrición a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, pemes e persoas traballadoras autónomas que teñan radicado o seu domicilio social ou conten cun centro de traballo en Galicia e que ademais cumpran os seguintes requisitos: Ter, canto menos, unha persoa traballadora por conta allea.Non superar os 50 millóns de euros de volume de negocio anual, ou ter un balance anual inferior a 43 millóns de euros.Non ser entidades sen ánimo de lucro. A páxina web do programa é a seguinte: https://rse.xunta.gal/index.php/es/recursos/programas/responsabilizate Se necesita máis información, non dubide en poñerse en contacto connosco no seguinte teléfono 674241281 e encantados atenderémolo. Oficina técnica do Programa RESPONSABILÍZATE |