Pola presente convócase en proceso de contratación de cinco persoas para formar parte da cuadrilla municipal de extinción de incendios do Concello de Coirós , (1 xefe de Cuadrilla e 4 peóns), durante 3 meses.
Para o posto de xefe de Cuadrilla, os interesados deberán presentar algunha das seguíntes titulacións: Enxeñeiro de Montes, enxeneiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
Así mesmo para o posto de Jefe de cuadrilla e de catro peóns deberán presentar instancia nas oficinas na casa do Concello, ou a través da sede electrónica do Concello , dende o día 03/06/2024 ata o día 07/06/2024 (ambos inclusive), en horario de 9:00 a 14:00 h.
Coa instancia deberán presentar:
- Documento nacional de identidade
- Carnet de conducir
- Tarxeta de estar apuntado na Oficina de Emprego
- Méritos que alegue que teñan relación coa función para que se contrata.
BASES:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2024/06/BASES-INCENDIOS.pdf