O próximo sábado 5 de outubro terá lugar a segunda das andainas incluídas dentro do programa “Andainas por Coirós”.
Nesta ocasión nos adentraremos nas parroquias de Colantres e Armea, facendo un interesante percorrido no que descubriremos o seu patrimonio natural e cultural.
A ruta é de intensidade media e vai dirixida a tódalas idades, aínda que os menores de idade deberán asistir acompañados. É importante levar roupa e calzado cómodo.
A saída será ás 10 da mañá dende o aparcadoiro de Colantres (na antiga estrada próxima á igrexa).
A participación é gratuíta e deberá realizarse por escrito a través da sede electrónica ou polo rexistro do Concello ata o 3 de outubro. Prazas limitadas.

Ficha de inscrición:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2024/09/INSCRICIÓN-COlANTRES-ARMEA.pdf