COIRÓS ESTARÁ PRESENTE NO I CAMPEONATO DA TORTILLA DE GALICIA

Este fin de semá Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, celebra o seu 25º aniversario en Expourense e este ano (concretamente, hoxe e mañá) será ademais sede do I Campeonato de Tortilla de Patacas de Galicia.

Coirós terá un papel moi relevante neste campeonato, xa que, ademáis de participar un restaurante da nosa localidade, O Caserío de Tión de Carlos Boado, realizarase a entrega de entrega dos tres premios á traxectoria histórica cos que a organización do Campeonato reconoñecerá a Coirós e a tres dos seus fillos, que xogaron un papel determinante na relevancia da Tortilla de Patacas:

  • Carmen Tomé do restaurante Casa Tomé de Coirós (presentada polo noso veciño Miguel Gayoso, historiador da tortilla en Coirós)
  • José Manuel Crespo “Crispi” de El Manjar de A Coruña, figura clave na la modernización e posta ó día da tortilla de Betanzos.
  • Pablo Tomé, impulsor do Concurso e a Semana da Tortilla de Betanzos.

Ás 17:15 terá lugar un debate sobre a tortilla de Betanzos no que se abordará a historia, actualidade e futuro da mesma. Intervendrán ademáis de cociñeiros gañadores en algunha ocasión do Campeonato de Tortilla de España, como é o caso de Alberto García, do mesón O Pote de Betanzos; Pablo Tomé (Impulsor do Campeonato de Tortilla de Betanzos); o crítico gastronómico Rafael Garcia Santos, e o Coirense Miguel Gayoso, que recentemente publicou un amplo estudo sobre as orixes da tortilla de pataca. Paralelamente ó debate, Carlos Boado, de Caserío de Tión de Coirós interpreta a elaboración da tradicional tortilla que “naceu en Coirós e conquistou ó mundo en Betanzos”.

Xa mañá, venres, será cando se dará a coñecer o resultado do concurso nas dúas modalidades, a de tortilla tradicional, e tortilla con… pero independientemente dos resultados, queremos agradecer a todos os nosos veciños que sexan os principais partícipes na labor de que Coirós teña un lugar destacado neste evento e se poida visibilizar como a cuna da tortilla no resto de Galicia e de España.