Coirós conta dende hoxe con un Punto Limpio Móvil

Trátase dun camión eléctrico que dará servicio de recollida itinerante de pilas, tóner, envases pinturas, aerosoles e xoguetes.

O Concello de Coirós recibiu este mediodía oficialmente o novo Punto Limpio Móvil, un camión de propulsión eléctrica e etiqueta 0. O vehículo permitirá á veciñanza depositar os residuos domésticos que non se eliminan a través dos contenedores ordinarios. Pilas, electrodomésticos, tóner e cartuchos de impresión, envases de pintura e barnices, aerosoles e xoguetes. O camión porta un contenedor preparado para a recollida selectiva que será instalado de maniera itinerante nos núcleos de poboación do municipio.

Según indicou o alcalde, Francisco Quintela, con esta iniciativa o concello contribuirá dunha maneira activa ao correcto tratamento do lixo urbano que deben ser sometidos a un tratamento específico. Coa mellora na xestión e coa colaboración dos veciños e veciñas “ Estaremos reforzando o compromiso co Medio Ambiente e a calidade do noso entorno máis próximo” comentóu Quintela. O alcalde estuvo acompañado polo Concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Boado, e os propietarios e técnicos de Grúas Betanzos, empresa que adaptou o vehículo base á súa función.

O novo camión ten unha autonomía de 200 km e entrará en servicio a partir de 2025. O camión supuxo unha inversión de 109.000 euros, dos cales 70.0000 proceden dos fondos NEXGENERATIONUE a través da Unión Europea, Gobierno de España, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e Xunta de Galicia.