A escola de educación infantil de Coirós ofrece a posibilidade de que as familias visiten as súas instalacións e poidan coñecer de primeira man o proxecto educativo da escola e os servizos cos que conta:
- Transporte escolar gratuíto
- Comedor con cociña propia
- Servizo de madrugadores
- Etc.
As visitas poderán realizarse dende o 20 de febreiro ó 20 de marzo en horario de 12.15 a 13h. Para calquera consulta, poden contactar co centro no 639709895.
