O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO MANDEO OBTEN O DIPLOMA DE RECOÑECEMENTO AO COMPROMISO PARA A MELLORAR CONTINUA DA CALIDADE

O pasado venres 7 de marzo, o Concello de Coirós recibiu o diploma de recoñecemento ao compromiso para a mellora continua da calidade no marco de BioCultura en Palexco para o Centro de interpretación do Mandeo.

Este recoñecemento foi conseguido despois de superar a formación e avaliación correspondente no ano 2024.

Actualmente o centro de interpretación forma parte da rede de centros de información territorial da Biosfera.