O vehículo foi adquirido a través dunha subvención da Deputación da Coruña dentro do programa FOICV/2024 por importe total subvencionado de 18.131,17€. O vehículo, un Dacia Sandero con etiqueta ECO, está adscrito á área de servizos sociais e será destinado ós desprazamentos do persoal de axuda no fogar.

