CLAUSURA DE ACTIVIDADES MUNICIPAIS 2024-2025

Con motivo da finalización das actividades culturais e deportivas, este mes realizaremos os actos de clausura.

Haberá duas xornadas, unha delas o mércores 28 de maio na que contaremos coa actuación do coro municipal e o grupo de guitarra. A cita será no salón de actos do centro social ás 19h.

O sábado 31 será o turno das actividades deportivas e a escola de música e baile tradicional. O evento celebrarase no complexo deportivo municipal, sendo a exhibición das actividades deportivas no polideportivo e a actuación da escola de música e baile tradicional no anfiteatro se as condicións metereolóxicas o permiten, e de non ser o caso, trasladarase ó polideportivo.

Tamén se levará a cabo unha exposición dos traballos realizados na actividade de pintura e manualidades, dende o 30 de maio ó 6 de xuño no salón de actos do centro social.