CAMPAMENTO DIXITAL

O Concello de Coirós vai participar no mes de xullo no proxecto “campamento dixital”.

Este proxecto combina 30 horas de formación presencial e online con contidos adaptados a cada idade. Céntrase en garantir a inclusión dixital en base á adquisición de competencias dixitais tanto básicas (moz@s de 12 e 13 anos) como avanzadas (moz@s de de 14 a 17 anos). 

A formación desenvolverase en 2 semanas3 horas diarias de luns a venres, sendo:

  • Para o grupo de 12 e 13 anos de lunes a venres do 7 de xullo  ao 18 de xullo (11:00h a 14:00h)
  • Para o grupo de 14 a 17 anos de luns a venres do 21 de xullo  ao 1 de agosto (11:00h a 14:00h).

Desde #Campamento Digital abordaranse temas como a búsqueda de información na Internet, creación de contidos dixitais, seguridade e privacidade, benestar dixital, desinformación na rede e a prevención do ciberacoso. Unha metodoloxía flexible e testada,  onde o alumnado obterá un Certificado europeo nas competencias dixitais aprendidas. 

É unha iniciativa impulsada desde Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Digitales para la Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

Para solicitar praza, poñerse en contacto coa OMIX do Concello, no 981796088 ou no 628801576 (whatssap)