RESPIRO FAMILIAR

PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia ven de abrir o prazo para solicitar as axudas de respiro familiar, que poderán pedirse ato o 15 de outubro

Esta nova orde permite que as persoas dependentes ou con discapacidade realicen estancias temporais en residencias ou centros de día e que se contrate un coidador para o fogar, o que facilita o descanso dos seus coidadores habituais.

A Xunta de Galicia financiará o 100% da estadía en calquera centro residencial da comunidade sen límite de tempo e ata un máximo de 1500 euros; ou achegará un máximo de 1000 euros parar aboar o custe dun coidador no fogar ou dunha estadía nun centro de día.

O principal obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos coidadores. Poderase acceder á axuda sempre que a persoa ou persoas que o atenden residan na comunidade.

A persoa á que atende deberá ter recoñedido un grao II ou III de dependencia, unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75% ou ben ter acreditado mediante informe médico e social a necesidade de axuda de terceiros para actividades da vida diaria.

O prazo de solicitude é ata o 15 de outubro de 2025