OS FABULOSOS CLEANERS

II MOSTRA DE TEATRO EN COIRÓS!

Despois do éxito do primeiro espectáculo, presentamos OS FABULOSOS CLEANERS, un espectáculo de pompas de xabón para todas as idades.

É unha extraordinaria experiencia visual para participar toda a familia. Dous operarios da limpeza do teatro, descobren por casualidade as múltiples posibilidades que lles ofrecen as súas ferramentas de traballo combinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas e burbullas. O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón.

O domingo 26 de outubro ás 18.30h no centro social de Coirós (houbo unha pequena variación na hora con respecto á anterior publicación)