TERMALISMO SOCIAL DO IMSERSO

  1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:
  2. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema
    de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de
    idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou
    subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do
    Sistema de Seguridade Social español.
  5. Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social
    español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.
  6. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:
  7. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria (ABVD)
  8. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
  9. Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación
    que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
    Ponderaranse as seguintes variables:
    o Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
    o Situación económica dos solicitantes.
    o Idade dos solicitantes.
    o Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
    o Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
    o Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas
    variables anteriores.
  10. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e  en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.
  11. Tamén poderán ir acompañados do cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.


Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade,
en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda a disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.
Prazas e quendas convocadas
Convócanse 197.000 prazas para participar no Programa, a desenvolver
nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo III.
Sen prexuízo do anterior, esta convocatoria contempla a oferta de prazas para establecementos termais que formalicen os seus contratos co Imserso no ano 2026.
O tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda tamén se especifica no anexo III.
Para 2026 as quendas terán unha duración de 10 días (nove pernoctacións)
cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán
desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.
O Programa desenvolverase durante o período comprendido entre o mes de
febreiro e o mes de decembro de 2026.
Servizos

-Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en
habitacións dobres de uso compartido.
-Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao
ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba
o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento.
-Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo
balneario.
-Póliza de seguro.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios,
directamente polos seus propios medios.
Con todo, o transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan
no anexo III indicado na columna final, realizarase desde a localidade
(concertada co balneario) máis próxima ao balneario con transporte público ata a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao finalizar o mesmo.
O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega
entre 169,44 euros ou 195,12 euros, segundo o mes de desenvolvemento..
Esta achega farase efectiva directamente polo Imserso ao establecemento
termal.
Prezo e forma de pago das prazas
O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por
praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario,
mes e tipo de quenda, no cadro anexo III.
As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das
plazas da seguinte forma:

  1. Con antelación á súa incorporación no balneario e nos  prazos que se
    determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.
  1. A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto
    de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

Documentación
Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus expedientes estean completos.
– Cumprimentación telemática da solicitude  
– A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e,
no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a
cumprimente.
Lugar de presentación

– Servizos Sociais Comunitarios
– Centros dependentes da Consellería de Politica Social e Igualdade
(centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
– Departamentos Territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade
Para o enchemento e presentación das solicitudes disponse dos seguintes
medios:

  • Prioritariamente a presentación de novas solicitudes realizarase de forma telemática a través da sede electrónica do Imserso
    (https://sede.imserso.gob.es). O acceso á solicitude deste procedemento
    non require autenticación electrónica (Cl@ve, certificado electrónico ou DNI electrónico) por parte da persoa interesada.
  • Descargar e cumplimentar a solicitude, e remitila por algún dos seguintes medios:
     A través dos rexistros electrónicos e oficinas relacionados no artigo 9 da
    Orde SSI/1688/2015, do 30 de xullo, pola que se regula o programa de
    termalismo do Imserso
     En sobre franqueado, non por correo certificado, á dirección: Programa
    de Termalismo do Imserso, apartado de correos 61.285 28080 Madrid.

Prazo de presentación
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
Para participar no 

a) proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos
    inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15
    de maio de 2026.
  3. b) inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata
    o día 14 de maio de 2026.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 e
    outubro de 2026.
    Sen prexuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude
    nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar
    trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes
    que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano anterior, os seus
    expedientes estean completos.
    Balnearios participantes e información de contacto

Mais información nos servizos sociais do Concello de Coirós ou nos teléfonos: 912 667 713 / 917 033 694