O Concello de Coirós lembra ás persoas propietarias de cans potencialmente perigosos a obriga de cumprir coa normativa vixente en materia de seguridade e benestar cidadán.
En particular, estes animais deben estar debidamente rexistrados no Concello, contando coa correspondente licenza municipal e seguro de responsabilidade civil.
Así mesmo, cando saian á vía pública, os seus propietarios deberán levalos sempre suxeitos con correa non extensible de menos de dous metros e provistos do bozale adecuado ao tamaño e características do animal.
O incumprimento destas obrigas pode dar lugar ás sancións previstas pola lexislación vixente.
O Concello agradece a colaboración da veciñanza para garantir unha convivencia segura e responsable
