Continuando coa II mostra de teatro para persoas adultas, presentamos o terceiro dos espectáculos que seguro que como os anteriores, non deixará a ninguén indiferente.
É unha comedia homenaxe ás mulleres en xeral e ás amas de casa que con poucos recursos sacan as súas familias adiante.
Que pasaría se dúas mulleres de clase social e mundos opostos se viran enfrontadas? Se unha delas estivera na tesitura de ter que matar á outra por obriga… que sentiría? como o faría?
Ámbalas dúas mulleres, ao enfrontarse cara a cara, descubrirán que teñen máis en común do que pensaban… Pero pode que non baste so coa sororidade para facer fronte ao patriarcado imperante.
Domingo 16 de novembro ás 18h no centro social
De balde e ata completar aforo
Ás 18h pecharase a sala sen posibilidade de entrar fóra de hora


