ESPECTÁCULO DE TÍTERES: TITIRICIRCUS CON TANXARINA

A historia de dous vellos traballadores que lembran agora, coas marionetas, as glorias do seu pasado na pista. Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo…

TITIRICIRCUS conta con máis de 1500 representacións convertíndose na obra mais representada do teatro galego.

MARTES 30 DE DECEMBRO

12H. NO CENTRO SOCIAL DE COIRÓS

ENTRADA LIBRE. DE BALDE

Espectáculo subvencionado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña