O 30ºRallye da Coruña pasa por Coirós

Este sábado o noso Concello será protagonista cunha dobre pasada do tramo cronometrado TC$ Betanzos- Coirós.

A lonxitude do tramo é de 4,4km

Os horarios de paso, a 1ª pasada ás 08:31h e a segunda ás 11:47h.

Outro ano máis, contaremos coa participación dos nosos veciño Luis Maroño Ares que competirá co dorsal 34 ao volante do seu Peugeot 206RC, e de Antonio e Arnaldo Solórzano que competirán co seu Ford mk2.

Información importante para a veciñanza:

  • Haberá cortes de tráfico nas vías afectadas polo tramo con antelación suficiente ao inicio da proba.
  • Recomendamos seguir as indicacións da organización e das forzas de seguridade, que permitirán situarse en zonas habilitadas e seguras para o público.

Mapa do tramo do rallye ó seu paso polo noso Concello.