O alcalde, Francisco Quintela, toma medidas legais ante o “reiterado desprezo” da propietaria pola seguridade cidadá e o benestar animal.
A situación alcanzou un punto crítico esta semá tras un incidente que afectou a unha nai e a seus dous fillos de corta idade.
Coirós 27 de febreiro de 2026 – O Concello de Coirós formalizou unha denuncia ante a Garda Civil e a Fiscalía contra unha veciña do lugar de Xora, propietaria de tres cans que deambulan sen atar pola zona e presentan síntomas evidentes de falta de cuidado.
A decisión municipal chega tras esgotarse a vía administrativa e ante o incremento do risco para a integridade da veciñanza. O último incidente grave tivo lugar esta misma semá, cando a presencia dos cans —que circulaban sen control nin supervisión— asustou a unha nai que paseaba pola zona acompañada dos seus dous fillos de corta idade.
Antecedentes e incumplimentos
Segundo informou o alcalde de Coirós, Francisco Quintela, o goberno local xa tomara cartas no asunto o pasado mes de decembro. Nesa data, o Concello remitiu un apercibimento por escrito á propietaria instándoa a controlar os animais e puxo os feitos en coñecemento da Guardia Civil.
Sen embargo, a dona dos cans ignorou sistemáticamente os requerimentos
oficiais. “Trátase dunha situación que preocupa e perxudica gravemente a veciñas e veciños e que mostra un reiterado desprecio polo cumplimento da lei e as normas básicas de bo vecindade”, sinalou o rexidor.
Chamada á colaboración institucional
Dende la Alcaldía suliñouse que o comportamento da propietaria non só supón un problema de convivencia, senon tamen un posible risco para a seguridade vial e física das persoas, ademáis da propia desatención que sufren os animais.
Por todo iso, Francisco Quintela solicita ás autoridades competentes —Guardia Civil e Fiscalía— a máxima colaboración co Concello para:
– Evitar posibles ataques ou accidentes derivados da falta de control dos animales.
– Garantir o cumprimiento da normativa de benestar animal.
– Devolver a tranquilidade e a seguridade aos residentes de Xora.
” A nosa prioridade é a seguridade da veciñanza. Non podemos permitir que a actitude irresponsable dunha persoa poña en perigo ás familias nos nosos espazos públicos”, concluiu o alcalde.