Coirós Enerxía dá un paso máis.
Estase a iniciar unha nova fase do proxecto: o consumo
agregado de enerxía, un modelo que permitirá á veciñanza e aos
negocios do concello unirse para conseguir mellores condicións
na súa factura eléctrica.
É por iso que se convoca á veciñanza a unha reunión que terá lugar o próximo xoves 21 de maio ás 20h no centro social de Coirós.
Neste encontro podedes obter información sobre:
– Como funciona o consumo agregado
– Que vantaxes ten participar
– Os próximos pasos do proxecto
Este é un proxecto aberto e colectivo: cantas máis persoas
participemos, mellores serán os resultados para todos e todas.

