Consiste en estadías de 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa -inclúe aloxamento, almorzo, xantar e cea- a escoller entre 15 balnearios de
Galicia, con quendas dispoñibles entre xullo e decembro de 2026.
O programa inclúe os tratamentos termais prescritos polo persoal
médico do balneario, así como as actividades de animación
sociocultural de cada establecemento.
A QUEN VAI DIRIXIDO?
O programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos residentes
en Galicia, así como a persoas pensionistas maiores de 55 anos.
Poderase asistir cun acompañante. Ademais, no caso de ter un fillo ou
filla cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, este tamén
poderá participar.
As persoas participantes deberán valerse por si mesmas para
realizar as actividades básicas da vida diaria.
DESCARGA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/05/folleto-balnearios-2026_gal-1.pdf
