A Consellería publica a Orde do 23 de xuño de 2026, que regula o emprego de maquinaria agrícola e forestal durante a época de perigo alto cando o Índice de Risco Diario de Incendio (IRDI) alcance os niveis de moi alto ou extremo. A norma permite a realización de traballos preventivos, silvícolas e agrícolas, pero establece medidas adicionais de prevención entre as 12:00 e as 18:00 horas, como a presenza dunha persoa auxiliar e a dispoñibilidade inmediata de medios de extinción.
Estas medidas teñen como obxectivo compatibilizar o desenvolvemento das actividades agrícolas e forestais coa máxima prevención fronte aos incendios, reforzando a seguridade das persoas, do territorio e do patrimonio natural.
Ligazón á normativa:
https://concellocoiros.com/wp-content/uploads/2026/08/anuncio-dog.pdf
